O BNG de Ferrol advirte da baixa execución do presuposto municipal

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, advertiu este martes, tras a comisión de facenda onde se deu conta do avance da liquidación do 1º trimestre do ano 2025, «que o PP continúa sen corrixir a senda económica desenvolvida desde a súa chegada ao goberno e e que se caracteriza fundamentalmente por uns niveis de execución do orzamento municipal baixísimos».

Segundo o portavoz municipal do BNG o avance da liquidación do 1º trimestre do ano 2025 volve a poñer de relevo esta circunstancia e así o nivel de execución dos investimentos non chega nin ao 4%. Rivas denunciou que esta práctica «evidencia unha política económica sustentada en anuncios de propostas que despois non se executan e que se repiten ano tras ano nos orzamentos municipais como se fosen novos investimentos».

Por estas razóns Rivas, demandou do Alcalde da cidade que, por unha parte, «abandone a práctica política de anunciar proxectos de maneira reiterada pero que nunca se executan» e por outra que «rectifique a política económica municipal co obxecto de destinar os recursos públicos a resolver os problemas da veciñanza mediante a execución dos investimentos comprometidos e mellorando a prestación dos servizos municipais, cada vez nun estado de maior deterioro produto da carencia de persoal municipal».

Lea también

El TSXG confirma un año y ocho meses de prisión por un robo con fuerza en la cantina de un campo de fútbol en Ferrol

El Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ha confirmado la condena de un año …