O Campus Industrial de Ferrol acolle o Campamento Tecnolóxico de Verán “Misión: Salvar a terra” dirixido á rapazada de entre 6 e 16 anos

O Campus Industrial de Ferrol acollerá, entre os meses de xuño e xullo, o Campamento Tecnolóxico de Verán “Misión: Salvar a Terra, dirixido á rapazada de entre 6 e 16 anos que organiza, por segunda vez, Play Code Academy en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC). A oferta lúdico formativa desta iniciativa permitirá que a cativada inscrita goce dunha experiencia educativa na que descubrirán como a tecnoloxía pode ser unha grande aliada para protexer o planeta terra.

Programar drons para reforestar, construír robots recicladores ou deseñar estacións meteorolóxicas intelixentes serán algúns dos retos aos que se enfronte a rapazada inscrita neste campamento tecnolóxico de verán mentres
desenvolve competencias clave en ámbitos como os da programación, a robótica ou a ciencia. Así, ao longo dos días, este grupo de heroes e heroínas traballará con ferramentas innovadoras como son a robótica con LEGO, Arduino, Drons, Micro:Bit, Edison, CoSpaces ou mesmo se achegarán ao eido do deseño e da impresión 3D.

Os obradoiros desenvolveranse entre o luns 23 e o venres 27 de xuño e entre o luns 30 de xuño e o venres 4 de xullo, en horario de 09:00 a 14:00 horas.
Existe a posibilidade de participar na modalidade “Madrugadores e Madrugadoras”, de 08:00 a 09:00 horas, na que se inclúe, a maiores, un servizo de comedor. A tarifa xeral é de 129 euros. O prezo para as persoas integrantes da comunidade universitaria ascende a 109 euros. Play Code Adacemy ofrece descontos para o segundo ou terceiro neno ou nena pertencente á mesma unidade familiar. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Máis información enviando un correo electrónico a info@playcodeacademy.com ou ben chamando ao 633 232 386.
Inscricións en https://playcodeacademy.com/campus-tecnologico-udc-ferrol/,

 

Lea también

Amplio despliegue en el simulacro de emergencia efectuado en el puerto interior de Ferrol

Este jueves ha tenido lugar un simulacro de emergencia en el puerto interior de Ferrol; …