A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza Maios das Letras. Os actos celebraranse ESTE sábado 17 de maio cunha xornada na que se realizarán diferentes actos entorno a esta data.
A Xornada terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes e estará composta por varios actos
A partir das 12:30 horas desenvolverase un Festival de Cantareiras. Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas adicado á Poesía Popular Oral representada na figura das cantareiras de Mens. Así, o Festival contará coa actuación dos Grupos Algarabía de Lago (Valdoviño), As Calduperias (Narón) e o grupo local das Cantareiras de Sedes.
Entorno ás 14:00 horas realizarase un xantar popular cunha paellada para todas as persoas asistentes a un prezo de 8 €. A partir das 16:00 h. proxectarase o documental “Lévame a idea”, presentado pola autora Laura Varela, a peza é un recoñecemento ás creadoras e divulgadoras da música tradicional galega. Lévame a idea é un recoñecemento profundo e necesario ás mulleres, auténticas protagonistas na creación, recuperación e divulgación da música de tradición oral e a poesía popular galega.
Esta peza documental reivindica cunha óptica feminista o papel fundamental das mulleres na preservación da poesía, o canto e a cultura popular de Galicia, piar esencial da nosa identidade colectiva. A transmisión oral das letras e músicas que nos vertebran como pobo está presente nas achegas que saen de distintos eidos vencellados ao mundo do tradicional.
Como botón de ouro, pecharánse os actos cunha Foliada libre a partir das 17:30 horas polo que se convida ás persoas que se acheguen a traer os seus instrumentos e moita gaña de cantar e bailar.
A actividade está organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación da Coruña.