O teatro Jofre, Ferrol, acolle unha obra infantil sobre Castelao

O ciclo de teatro infantil programado pola concellería de Cultura de Ferrol volta este mes coa obra Castelao de Culturactiva Producións, o domingo 11 de maio ás 12:30 horas no teatro Jofre e dirixida ao público familiar (a partir de 6 anos de idade).

Esta obra ofrece un percorrido pola paisaxe emocional de Castelao, un neno a piques de emprender unha das viaxes máis emocionantes que un rapaz pode experimentar: coñecer un pai ausente e atravesar o océano para descubrir América.

A través dun universo feminino, lévase ás táboas do teatro a figura de Alfonso R. Castelao, posiblemente o maior referente cultural de Galicia. Trátase dun proxecto imprescindible para que o público máis mozo coñeza a infancia, a vida e a obra dun xenio irrepetible que foi autor, debuxante, pintor, dramaturgo, humorista e pensador.

Castelao está escrita por Paula Carballeira e dirixida por Fina Calleja. Forman o elenco Cris Collazo e Mónica Caamaño.

As entradas están xa á venda na billeteira do Teatro Jofre e na web de Ataquilla

Lea también

El Casino Ferrolano, protagonista de la primera de la «Rutas Culturais» de la UDC

  El área de Cultura de la Universidade da Coruña (UDC) inicia, el próximo sábado …