Mofa & Befa poñen en escena este venres na Casa da Cultura de Neda “Os dous de sempre”

O Concello activa o reparto de convites na biblioteca municipal.

A última adaptación teatral de Os dous de sempre, única obra narrativa escrita por Castelao, a cargo do dúo cómico Mofa & Befa, chega este venres á Casa da Cultura de Neda. A proposta, incluída no programa municipal “Tempo para o teatro” será gratuíta con invitación.

O Concello comeza este martes na biblioteca municipal de Neda o reparto de convites (máximo dous por persoa) para asistir á función, que, tal e como está previsto, arrincará ás 20:30 horas.

Con Os dous de sempre, Producións Teatrais Excéntricas volve apostar por adaptar para o teatro grandes títulos da literatura galega. Nesta ocasión, Mofa & Befa, formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, encárganse de darlles vida a Pedriño e Rañolas, Amigos inseparables, son ao tempo antagónicos: un soñador idealista fronte a un materialista conformista.

Completa o elenco interpretativo do espectáculo, dirixido por Quico Cadaval, Josito Porto. A obra, dirixida chega a vila grazas ao ciclo Outono das artes da Deputación da Coruña.

Lea también

Duas parroquias de San Sadurniño, Lamas e Igrexafeita, celebran este sábado cadanseu magosto

A axenda do outono en San Sadurniño ten este sábado día 7 a folla riscada …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.