A Deputación da Coruña presenta o inventario de recursos turísticos e o manual do investidor da Comarca do Eume

O luns 12 de maio, ás 10:30 horas, a Deputación da Coruña celebra na Escola Laica do Concello de Cabanas a xornada de presentación do«Inventario de recursos turísticos e o manual do investidor da Comarca do Eume».

Fuente Diputación de A Coruña

Este traballo, desenvolto no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino «Fragas do Eume», promovido pola Deputación da Coruña e financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, supón un avance crave para a planificación estratéxica do turismo na comarca.

O Inventario de Recursos Turísticos recolle unha análise exhaustiva do patrimonio natural, cultural e etnográfico do Eume, establecendo as bases para unha xestión turística estruturada e aliñada coas tendencias do sector. Pola súa banda, o Manual do Investidor ofrece información crave para potenciar a captación de investimento en proxectos turísticos, destacando as fortalezas do destino e as oportunidades de negocio.

Este proxecto reforza o compromiso da Deputación e os municipios do Eume cun modelo de turismo sostible, baseado na valorización do territorio, a diversificación da oferta e a atracción de iniciativas empresariais respectuosas coa contorna.

O evento contará coa presenza de representantes institucionais, axentes turísticos e empresariais, que poderán coñecer de primeira man as conclusións do estudo, así como as oportunidades de investimento e desenvolvemento sostible identificadas no territorio.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …