Encontro dos concellos de Cabanas e Pontedeume coa Demarcación de Estradas polas obras na Ponte da Pedra

Os concellos de Cabanas e Pontedeume mantiveron unha reunión esta semana coa Demarcación de Estradas e a Subdelegación do Goberno, co fin de tratar as afeccións ao tránsito polas probas a realizar.

Ámbolos dous concellos remarcaron a importancia de minimizar o impacto á circulación mediante as melloras xa trasladadas e subliñaron a importancia da coordinación para este fin.

Deste xeito e a partición dos dous concellos, os cortes dun tramo dun dos carrís comezaron este mesmo mércores 7 despois das 9 horas, en lugar das 8 como estaba previsto, para evitar o momento de máis tráfico nas horas de acceso aos centros educativos. Os cortes durarán ata ás 20 horas de xeito aproximado, agás os venres que será ás 13 horas, fins de semana sen cortes.

Esta afección terá lugar ata mediados de xuño, momento no que finalizarán os traballos, que se retomarán no mes de setembro, despois das Festas das Peras.

Ámbolos dous concellos subliñan o esforzo realizado na mitigación do impacto ao tráfico, con máis medios a implementar, para realizar unhas obras necesarias.

Lea también

Saen á luz na praia da Madalena en Cedeira restos das antigas fábricas de salgadura

O Concello de Cedeira solicita permiso a Patrimonio para poñer en valor os restos e …