Trala publicación das bases de matriculación no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 84, do martes 6 de maio de 2025), o Concello de Fene anuncia unha nova edición do seu campus lúdico lingüístico “Verán Máis Alá” que se desenvolverá no mes de xullo.
Trátase dun programa dirixido ao alumnado escolarizado en educación infantil e primaria nado entre os anos 2013 e 2021 (idades de referencia de 3 a 12 anos) que resida ou estude en Fene. A matrícula provisional poderá realizarse de forma telemática, a partir do vindeiro 30 de maio, ou presencial, do 4 ao 6 de xuño (aínda que para acollerse a esta modalidade haberá que solicitar cita previa os días 26, 27 ou 28 deste mes).
O Verán Máis Alá desenvolverase do 1 ao 31 de xullo dividido en dúas quincenas, a primeira do 1 ao 15 e a segunda do 16 ao 31 de xullo, podendo inscribirse nas dúas ou só nunha. Haberá dúas modalidades: Bos días!, con entrada entre as 08.00 e as 10.00 horas e saída entre as 14.00 e as 14.30 horas; e Máis alá!, con entrada ás 10.00 horas e saída entre as 14.00 e as 14.30 horas.
Terán prioridade os participantes empadroados no Concello de Fene (con anterioridade ao 2 de maio de 2025) sobre os que estudan no termo municipal. Os nenos que non estean empadroados en Fene ou que non estiveran matriculados no curso académico 2024/2025 nalgún dos centros de ensino do concello non poderán participar no programa.
A matrícula provisional poderá realizarse por medios telemáticos, na sede electrónica municipal (https://sede.fene.gal/), desde as 08.00 horas do venres 30 de maio ata ás 14.00 horas do luns 2 de xuño de 2025. Ou de maneira presencial, no departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais 44, entresollado) do 4 ao 6 de xuño. Para acollerse a esta modalidade haberá que solicitar cita previa os días 26, 27 e 28 de maio de 2025, en horario de 9.00 a 13.00 horas, no teléfono 981 340 366.
As prazas adxudícaranse mediante baremo atendendo ás circunstancias familiares e laborais das persoas solicitantes. E o custe da actividade ascenderá, para todo o mes, a 68,15€/participante (36,70 € para o segundo membro da unidade familiar) e, por quincena, a 34,08 €/participante (18,35 € para o 2o membro da unidade familiar). En casos de situación de escasa capacidade económica, as tarifas poderán reducirse no 50% e mesmo acceder gratuitamente a esta actividade.
As persoas interesadas en acollerse a este suposto, deberán solicitalo mediante escrito polo rexistro xeral do Concello de Fene, pero deberán formalizar igualmente a matrícula e o pagamento da cota nos prazos fixados.
Máis información, no Departamento de Cultura do Concello de Fene (Avda. Naturais, 44, entrechán dta., Fene) ou no teléfono 981 340 366.