A Deputación da Coruña inviste 786.626€ nas estradas provinciais en Miño, Pontedeume e A Laracha

O pleno deu luz verde a destinar 498.393,65 euros a renovar o firme en 3,4 quilómetros da estrada DP-2404 entre A Laracha e A Silva. Destinaranse outros 288.232,84 euros a dotar á DP-4802 entre Miño e Pontedeume dunha nova capa de rodadura.

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade dous investimentos para mellorar o estado de dúas estradas provinciais, sumando entre ambos un orzamento de 786.626,49 euros. Concretamente trátase dunha actuación na DP-2404 entre A Laracha e A Silva e outra na DP-4802, que conecta os núcleos de Miño e Pontedeume.

Fuente Diputación de A Coruña

No caso da obra na vía entre A Laracha e A Silva, a Deputación destinará 498.393,65 euros a renovar o pavimento en dous tramos diferentes, que combinados suman 3,4 quilómetros. Actuarase entre os puntos quilométricos 7+300 a 8+100 e 8+900 a 11+500 e o que se proxecta é, ademais do asfaltado, a limpeza de cunetas, a reparación do firme nas zonas deterioradas, a drenaxe en puntos nos que nace auga e a instalación de cunetas de formigón naqueles nos que se acumula, e a renovación da sinalización, tanto vertical coma horizontal.

Cabe destacar a magnitude da obra, que ten un prazo de execución de 5 meses dende a adxudicación, pois renovará por completo máis dunha quinta parte do pavimento da vía, que ten unha lonxitude total de 15,1 quilómetros.

Pola outra banda, o proxecto de reforzo do firme na DP-4802 entre Miño e Pontedeume ten como obxectivo mellorar as condicións de seguridade da circulación na vía. A obra efectuarase en dous tramos diferentes, o primeiro deles entre o PQ 0+650 e o PQ 1+900; e o segundo comprende dende o PQ 4+600 ata o PQ 5+500.

Estes traballos, orzados en 288.232,84 euros, son necesarios polos efectos climáticos do pasado inverno na superficie da calzada, quedando esta deteriorada. Así, búscase poñer remedio mediante arranxos puntuais e a dotación dunha nova capa de rodadura. Esta intervención ten un prazo de execución de 3 meses.

Lea también

Este sábado comienza el verano. Será el día con más horas de luz

El verano comienza el 21 de junio en el hemisferio norte, pero no por una decisión arbitraria: …