VI Open de Dominó Concello de Moeche

Moeche acolle o  vindeiro 17 de maio na Nave do Mercado o VI Open de Dominó Concello de Moeche, organizado pola Asociación Recreativa Deportiva CVM e a Federación Galega de Dominó coa colaboración do Concello de Moeche.
 
 
As persoas afeccionadas ao dominó, que son moitas na comarca, teñen unha nova cita da man da Asociación Recreativa Deportiva CVM – Cerdido, Valdoviño e Moeche- , quen  organiza este novo encontro do mundo do dominó. Desenvolverá na mañá e na tarde do sábado 17 con xantar e entrega de premios e trofeos, no recinto feiral de Moeche.
 
As persoas interesadas poden inscribirse no 636 110 492.
 

Lea también

El fútbol aficionado provincial vive su gran fiesta con la fase final de la Copa Diputación

Cientos de aficionados se congregan en Miño para disfrutar de los partidos de semifinales y …