A Deputación presenta a súa programación anual para a celebración das Letras Galegas 2025

Trátase dunha iniciativa conxunta das áreas de lingua e cultura da Deputación. O Palco da Música acolleu a presentación, na que participaron as deputadas de lingua, Soledad Agra, e de cultura, Natividade González, así como algúns dos artistas que forman parte do programa. As actividades, que inclúen concertos, obras de teatro, contacontos, obradoiros de escrita ou proxeccións, desenvolveranse en máis de 25 concellos da provincia durante todo o ano.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación da Coruña presentou no Palco da Música todas as actividades que levará a cabo con motivo das Letras Galegas 2025. As deputadas de lingua, Soledad Agra, e de cultura, Natividade González, foron as encargadas de explicar a programación, acompañadas de representantes de algunhas das actividades que a conforman: Xabier Díaz; Donaire; Xacarandaina; Zavala; Maos; Cantometrics; AELG e o documental ‘Lévame a idea’.

A deputada de lingua, Soledad Agra, lembrou que “este ano, temos o gusto de adicarlle o día das Letras á poesía popular oral, a un grupo de mulleres cantareiras que recolleron a nosa tradición oral, que representa a idiosincrasia do noso país, e a foron transmitindo”. Neste sentido, explicou que na Deputación “temos unha programación moi extensa que imos desenvolver en moitos concellos da provincia, porque ese é o compromiso desta institución”.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

A deputada de cultura, Natividade González, salientou o obxectivo de “desenvolver actividades culturais por toda a provincia, descentralizándoas para que cheguen ao máximo número de veciños”, facendo fincapé en que se trata “dun programa anual, xa que para nós as Letras Galegas son os 365 días do ano”. González tamén expresou que é unha programación “extensa, intensa e sobre todo continua. Combinamos literatura, música, teatro… e, sobre todo, reflexión sobre a nosa cultura e tradición”

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

Un programa anual

A programación chegará a máis de 25 concellos da provincia, e inclúe concertos, teatro, contacontos, proxeccións, presentacións literarias, adquisición de libros, xornadas, edicións especiais e publicacións.

3 grandes concertos temáticos:

Efémeras de Cantometrics (maio) en Noia, Carballo e Ortigueira

Zavala + Atalaias de Caión (outono)

25 aniversario de Donaire (outono) en Mazaricos, Melide, As Pontes, Teo e Ribeira

0 proxeccións previstas do documental Lévame a idea

2 funcións teatrais escolares con Tanxarina + A biblioteca galáctica contra a IA fantástica en Rois e Cabana de Bergantiños

4 concertos das Pandereteiras de Xancarandaina en Fisterra, Betanzos, San Sadurniño e Arteixo

5 concertos de Donaire.

4 presentacións do Cancioneiro galego serodio 1989–2011, de Xabier Díaz en Trazo, Dodro, Carballo e Vimianzo

3 concellos acollerán a presentación do Manual de Boas Prácticas.

3 obras literarias adquiridas e distribuídas en bibliotecas públicas:

Pandereteiras de Mens

Cancioneiro galego serodio 1989–2011

A biblioteca galáctica contra a IA fantástica

11 obradoiros de escrita para o alumando de primaria e secundaria de diferentes centros da provincia

Contacontos ilustrados e musicados da obra “Cantareiras. Poesía popular nas letras galegas” para nenos de infantil e primaria

 Todos os artistas e representantes das diferentes actividades que forman parte do programa das Letras Galegas que participaron na presentación destacaron o seu “agradecemento” á Deputación “por xerar espazos como este, de encontro, de celebración da cultura e de aturuxo en tantos concellos da provincia, e non só nas cidades”. Ademais, cada un explicou o seu proxecto e en que consiste a actividade que vai protagonizar. Foi o caso dos músicos Xabier Díaz, Cantometrics.

Pola súa banda, a deseñadora de Maos, Xiana Iglesias, tamén explicou os detalles do cartel, que “fai un recoñecemento a toda a poesía popular oral, representando as mulleres como transmisoras de todo o legado poético, o contexto no que se crea a poesía e o patrimonio oral, eses espazos de colectividade, e o papel das persoas que estudaron e que facilitaron a transmisión”. “Buscamos conceptos e mesturámolos como se fose unha sorte de caderno de campo”.

Lea también

Apertura da inscrición na cuarta edición das 21 Leguas, os 101 quilómetros de Narón

O edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla recordou que este xoves 1 de maio, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *