A Xunta licita as obras de substitución das cubertas do CEE Terra de Ferrol

A Xunta publicará nos próximos días a través da plataforma de contratos de Galicia a licitación das obras de substitución das cubertas do CEE Terra de Ferrol por un importe de 599.492,81 euros. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, anunciou este contrato durante unha visita realizada este lúns  ao centro xunto ao director territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana.

O proxecto contempla a renovación das cubertas dos módulos do 1 ao 8, taller de carpintería, corredor central e os soportais exterior e de xogo. En total, a intervención supón a renovación de máis de 4.000 metros cadrados de cubertas.

Os traballos incluirán a retirada de tella e das pranchas de fibrocementos, a colocación dunha subestrutura de perfís de aceira e a execución da cuberta completa a base de panel sándwich. Tamén se substituirán os canos e baixantes por outros novos así como as pranchas metálicas dos soportais por outras combinadas con pezas traslúcidas. Por último renovaranse as luminarias da primeira planta por outras a base de paneis LED con equipos de control lumínico e detector de movementos. Tal e como informou a delegada territorial as obras teñen un prazo de execución de cinco meses.

A intervención no CEE Terra de Ferrol está incluída no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno  galego está a modernizar os centros de ensino, converténdoos en instalacións máis eficientes, sostibles e axustadas ás necesidades educativas actuais.

Lea también

Un incendio calcina un edificio en ruinas en la calle Arce, en Ferrol

Un incendio se desató alrededor de las diez de la mañana de este miércoles en …