Axenda en Narón do 25 ó 27 de abril

Venres 25 de abril de 2025

Actividade: 2 pasos, 25 pesetas Lugar: Biblioteca municipal Hora: 19:30

Trátase dunha proposta de narración oral para público adulto (maiores de 14 anos) na que se abordará o tema da chegada do teléfono público a unha parroquia e os cambios que supuxo. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Actividade: Reconversión Lugar: Pazo da Cultura Hora: 20:30

A compañía Ibuprofeno Teatro trae a Narón esta obra de teatro contemporáneo, de gran formato e para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es

Sábado 26 de abril de 2025

Actividade: Onde están os libros Lugar: Biblioteca municipal Hora: 11.00

Os menores de 0 a 36 meses son os destinatarios desta proposta, un espectáculo cheo de maxia, aventura e títeres protagonizada por unha bibliotecaria á que lle desaparecen os seus libros. A proposta precisa inscrición previa.

Actividade: VII Festival de Coros de Areosa Lugar: Auditorio municipal Hora: 17:30

O Concello e a Sociedade Cultural Areosa, de Piñeiros, organizan unha nova edición deste festival. Actuarán a Coral Amistad ( O Couto, Narón); o Coro Maristerra (Colindres, Cantabria) e a Rondalla Lucero del Alba (Neda). A entrada é libre ata completar a capacidade do Auditorio.

Actividade: Reconversión Lugar: Pazo da Cultura Hora: 20:00

A compañía Ibuprofeno Teatro trae a Narón esta obra de teatro contemporáneo, de gran formato e para público adulto, con oito actores- músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 27 de abril de 2025

Pena Molexa

Actividade: Ponte en ruta con nós: Pena Molexa-Senda Ártabra Hora: Dende as 9:30 horas

A primeira das andainas dos programa municipal Ponte en ruta con nós desenvolverase nunha ruta circular con inicio e fin na cooperativa do Val, un tramo de 13,5 quilómetros. O Concello organiza a convocatoria, que inclúe tres rutas máis ata o 15 de xuño.

Actividade: Campionato provincial de dúatlon escolar Xogade Lugar: Polígono das Lagoas Hora: Dende as 10:00 (toda a mañá)

Uns 300 deportistas participarán este ano nesta actividade de Xogos galegos deportivos en idade escolar. O Concello colabora coa Xunta de Galicia e a Agrupación Deportiva Náutico Narón nesta convocatoria.

Actividade: XXIV Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón Lugar: Pavillón polideportivo da Gándara Hora: Dende as 10:00 (todo o día)

O Concello e a Federación Españoña de Baile Deportivo organizan co Club Baile Deportivo Narón esta convocatoria, que reunirá a máis de 400 deportistas na cidade e que se desenvolverá ao longo de todo o día. A proba inclúe o Campionato Galego de Latinos.

Lea también

O pleno de Narón aproba un expediente de modificación de crédito

O goberno local de Narón aprobou na sesión plenaria ordinaria un expediente de modificación de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *