O BNG de Ferrol presenta unha moción de urxencia coas reivindicacións da ANPA do Cruceiro de Canido

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, anunciou este mércores a presentación dunha moción de urxencia ao pleno municipal facéndose eco das reivindicacións da ANPA do CEIP Cruceiro de Canido, co obxecto de reclamar á Xunta de Galiza a apertura dunha segunda liña de educación infantil neste centro.

Iván Rivas expresou a necesidade de consolidar centros educativos de referencia para a a cidade como o CEIP do Cruceiro de Canido e a aposta polo ensino público como garante dunha educación de calidade.

Esta moción recolle e ven impulsada pola ANPA deste centro educativo cuxas integrantes teñen previsto concentrarse diante do pazo municipal antes do pleno e acudir á sesión plenaria ao obxecto do debate desta iniciativa.

Como se lembrará os pais e nais da ANPA do CEIP Cruceiro de Canido están a amosar a súa preocupación pola actual situación de escolarización no seu centro. Teñen coñecemento de que as solicitudes de escolarización para o vindeiro curso escolar ascenden a 35 peticións, o cal evidencia unha clara demanda por parte das familias da súa comunidade educativa.

O BNG defende que o CEIP Cruceiro de Canido conta coa capacidade, recursos e a organización necesaria para desenvolver dúas liñas de infantil, como así aconteceu en anos anteriores. Ademais o desenvolvemento dunha única liña suporá unha sobrecarga nas aulas, un desaproveitamento de recursos, unha diminución da calidade educativa e afectará negativamente a elección das familias que apostan por a educación pública e por este centro en particular.

 

 

 
 
 
 
 

Lea también

Dos empresas presentan ofertas en Ferrol para rehabilitar seis viviendas en Recimil

En la jornada de ayer finalizó el plazo de presentación de ofertas para el proyecto …