Ultímase a segunda edición do Torneo Concello de Cerdido de fútbol 7

 O Concello de Cerdido colabora un ano máis coa U.D. Cebarca na organización do Torneo de Fútbol 7 «Concello de Cerdido», que encherá as bancadas do Bernardino Breijo os días 20, 21 e 22 de xuño.

Fuente Concello Cerdido/ UD CEBARCA (2024).

O prezo de inscrición para cada equipo será de 130 euros, e os premios ascenderán ata os 2.500 euros para o equipo gañador, 600 euros para o segundo clasificado e 350 euros para o terceiro.

Cada equipo deberá contar cun máximo de 12 xogadores inscritos, sendo a idade mínima de 16 anos na categoría masculina e de 13 anos na feminina.

Fuente Concello Cerdido/ UD CEBARCA (2024).

Os partidos estarán compostos por dúas partes de 25 minutos cun descanso de 5 minutos entre ambas.

As persoas interesadas en participar deberán abonar a cota de inscrición na conta ES14 2080 0218 8130 4000 1810, indicando no concepto o nome do equipo e a categoría na que competirán.

Lea también

Pontedeume lanza el «Circuito 3×3 Eume», una apuesta veraniega por el baloncesto urbano

Pontedeume, junto a Hoops 3×3, se suma este verano al auge del baloncesto 3×3 con …