O proxecto inclúe a adquisición dun terreo, a mellora do acceso dende a N-651 e a creación de 30 novas prazas de aparcamento .
O Concello de Pontedeume mellorará o acceso á urbanización Olmo, na que tamén se habilitarán 30 novas prazas de aparcamento.
A actuación consistirá na compra dun solar estratéxico, que permitirá a construción dun novo acceso rodado dende a estrada nacional N-651, e a creación da nova área de estacionamento.
Bernardo Fernández Piñeiro, alcalde de Pontedeume, sinala que deste xeito darase reposta «a unha histórica demanda da veciñanza da urbanización, co obxectivo de seguir mellorando a mobilidade no municipio».
O investimento previsto ascende a preto dos 80.000 euros, que serán financiados integramente con recursos propios do Concello. Ambas accións contan a día de hoxe con crédito presupuestario.
O proxecto técnico foi remitido ao Ministerio de Mobilidade Sostible para a emisión da autorización preceptiva previa á licitación das obras. Neste senso, o pasado mes de novembro, representantes municipais mantiveron unha reunión cos responsables da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia para afinar os detalles técnicos necesarios.