As Somozas celebra a súa I Feira Multisectorial Agrícola

A praza do Concello das Somozas acolle a I Feira Multisectorial Agrícola, organizada polo Concello. O evento contará con carpa con pulpeira e churrasco, así como sorteos de produtos. Ademais, o domingo haberá sesión vermú con música en directo a cargo do grupo ‘Sintron ni Son’.

A praza do Concello das Somozas acolle a I Feira Multisectorial Agrícola, Alimentación e Artesanía, organizada polo Concello. Un evento que nace co obxectivo da dinamizar a actividade económica e social da zona, dando protagonismo aos sectores agrícola, alimentario, artesanal e de produtos de proximidade.

A cita, que terá lugar os días 3 e 4 de maio, celebrarase en horario de 10:00 a 19:00 horas e as persoas que acudan poderán visitar máis de 30 postos de exposición e venta de maquinaria agrícola, produtos de alimentación, degustación e cata, así como artesanía e produtos da terra e de proximidade.

O evento contará con carpa con pulpeira e churrasco, así como sorteos de produtos aportados polos expositores e participantes na feira. Ademais, o domingo haberá sesión vermú con música en directo a cargo do grupo ‘Sintron ni Son’.

“Estamos seguros de que esta primeira edición supón unha excelente oportunidade para achegar á veciñanza e persoas visitantes unha mostra representativa do tecido produtivo local e comarcal, nun ambiente festivo, familiar e participativo”, afirmou o alcalde, Juan Alonso Tembrás.

Lea también

Finaliza en Mugardos la campaña de donación de alimentos para las colonias felinas

El Concello de Mugardos informa del fin de la campaña de donación de alimentos húmedos …