Unha unidade móbil de ADOS visita Narón esta semana

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este xoves e venres en Narón. O vehículo ubicarase nas inmediacións do novo centro de saúde os dous días, estando operativo o xoves en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 14:30 e dende as 15:30 ata as 21:00 e o venres en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas.

Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, terán que esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. As persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

Lea también

La naronesa Ruth Ortega se proclama campeona del TER European Trophy Damas 2026

El automovilismo gallego  está de enhorabuena tras el histórico triunfo cosechado por Ruth Ortega. La …