Novo éxito internacional para unha das nosas máis importantes atletas galegas da actualidade.

Acontecía a pasada fin de semana durante o transcurso do campionato de europa de Ruta a onde acudía Ester Navarrete para tomar parte na proba de maratón xunto ao resto do equipo formado por Fatima Ouhaddou e Majida Maayouf.
Moitas eran as esperanzas depositadas neste equipo que por rexistros, aspiraba a ocupar un dos potos de honra do campionato ainda que o gran actuación protagonizada polas tres atletas, superaba as máis optimistas previsións.
Ás 10:15 dábase a saída á proba na que pronto se formaba un grupo dianteiro dunha vintena de atletas con todas as favoritas, sobre todo a israelí Salpeter (medallista mundial e campioa europea de 10.000m) e as tres españolas moi ben colocadas e visibles nese grupo. Así foron pasando xuntas os pasos polo km 5 (17:27) e km 10 (35:08) e para o km 15 Maayouf deixouse ver na cabeza e mesmo tirando nalgúns tramos pasándoo en 51:57, con Ouhaddou moi preto por detrás a poucos segundos e xa algo máis atrasada Ester Navarrete
Pouco antes do km 25, no paso polo avituallamiento, prodúcese o tropezo de Fátima que afortunadamente non tivo maiores consecuencias e que precisamente sería aproveitado, xa no km 38, para dar un forte cambio de ritmo ao que só puido responder Majida e que conducirían ás dúas españolas ata as fantásticas primeira e segunda posición da clasificación xeral. A algo máis de dous minutos e medio da gañadora, entraba unha extraordinaría Ester Navarrete na sétima posicion da xeral e cuxa clasificacion sumada, daban a España o título de campioa de Europa por equipos nunha edición que xa forma parte da historia do atletismo español.