Se inician nas Pontes os trámites para a creación do arquivo histórico mineiro

O Concello das Pontes iniciará proximamente, os trámites para habilitar un antigo inmoble da Calvo Sotelo e a subestación como arquivo histórico mineiro e albergar toda a documentación xerada polas dúas compañías (Calvo Sotelo e Endesa) que explotaron a mina de lignito pardo do municipio.

Fuente Concello As Pontes

Así, o executivo local solicitará, a Endesa a cesión do inmoble, situado na entrada do municipio, na AC-861, para evitar a súa demolición, mellorar a súa estética e para albergar as máis de 300 caixas de documentación empresarial e industrial cedidas xa pola empresa eléctrica ao Concello das Pontes así como os múltiples obxectos e elementos históricos procedentes da mina que, na actualidade, custodia o concello en diversos inmobles de titularidade municipal.

Así, o rexedor local apunta que “para nós hai elementos patrimoniais que quedan da antiga Calvo Sotelo, como é este edificio, despois foi reutilizado por Endesa como centro de informática,  e como o antigo transformador da Calvo Sotelo que poden ter un uso útil e práctico para o Concello. Podemos empregalos como arquivo histórico do complexo mineiro eléctrico que na actualidade está localizado en diversas  ubicacións e deste xeito poderemos telo centralizado, a diposición de calquera investigador, de calquera persoa interesada na historia e tamén a disposición da veciñanza das Pontes”

Por outra banda, o concello traballa na elaboración dun convenio con Endesa para recepcionar toda a documentación que aínda está en posesión da empresa para, posteriormente,  avanzar na recuperación, organización e conservación de todos os  fondos documentais existentes e poder constituír un arquivo histórico local da minería.

Fuente Concello As Pontes

Desde o Concello das Pontes afirman que con esta iniciativa o que se busca é poder “asegurar o coñecemento e a difusión da cultura mineira na vila e poñer a disposición da investigación unha documentación moi importante para o estudo da industrialización en España e sobre todo, nun sector determinante para a economía durante o século XX”.

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …