O Lago das Pontes, exemplo de naturaleza restaurada no congreso de bandeira azul en augas continentais

La concejala de Turismo de As Pontes, Elena López, participou nunha mesa redonda sobre natureza restaurada no cuarto congreso ibérico de bandeira azul celebrado en Reguengos de Monsaraz (Portugal) organizado pola Asociación Bandera Azul de Europa (ABAE-Portugal) en colaboración coa Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC).

Fuente Concello de As Pontes

Elena López durante a súa intervención, que compartiu mesa con representantes da Agencia Portuguesa de Medios Ambiente, EVOA e  Wildsteps Productions, fixo un pequeno recorrido polo proceso de transformación do oco mineiro en lago para, a continuación afondar nos principais rasgos medioambientais do espazo  e nas diversas accións de educación medioambiental llevadas a cabo durante os últimos anos.

Elena López tamén subliñou  a importancia deste encontro que “non só nos permite dar a coñecer o traballo e a experiencia das Pontes na xestión e mantemento dunha praia interior con bandeira azul senón tamén para compartir experiencias e promover a colaboración entre diferentes territorios que apostan polo coidado polo medio ambiente e a súa posta en valor como recurso turístico e económico

IV Congreso Ibérico de Bandeira Azul en Praias Continentais

“A localidade alentejana de Reguengos de Monsaraz  acolle os días 10 e 11 de abril o IV Congreso Ibérico Bandeira Azul en Praias Continentais». Este congreso ten como obxectivo impulsar espazos de gran interese medioambiental e turístico sostibles e contou con destacados ponentes para abordar temáticas relacionadas coa calidade das augas continentais, os criterios para a obtención da Bandeira Azul, entre outros e  todo o relativo a infraestructuras, accesibilidade, servizos, educación ambiental, seguridade e socorrismo.

Lea también

O cuartel da Garda Civil das Pontes refórzarse coa incorporación de catro novos axentes

González Formoso valora moi positivamente a ampliación do cadro de persoal do cuartel da benemérita …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *