Formoso destaca a “contribución fundamental” do Plan Único á mellora das infraestruturas no rural de Cabanas

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou esta semana a “contribución fundamental” do Plan Único á mellora de servizos e infraestruturas no rural de Cabanas.

Fuente Diputación de A Coruña

Fíxoo durante a súa visita ao Concello de Cabanas, onde foi recibido polo alcalde, Fernando Couce Rodríguez, e os portavoces dos grupos políticos representados na corporación municipal, cos que analizou as demandas e necesidades do municipio e os investimentos realizados pola Deputación nos ultimos anos, que suman máis de 9 millóns de euros, e entre os que destacan especialmente os do Plan Único, con 4,4 millóns.

Uns fondos, que segundo explicou Formoso, se destinaron fundamentalmente a melloras de infraestruturas e servizos nos núcleos rurais de Cabanas, con 47 obras entre as que destacan as pavimentacións e melloras en estradas e camiños rurais ou a dotación de servizos esenciais como saneamento e abastecemento de auga en lugares como Val de Arriba e Pena do Pico, A Veiga, Chaos, camiño de Fonfría, camiño da Costa ou camiño das Modias e de Teloi e San Xía, que o presidente e o alcalde visitaron posteriormente.

Fuente Diputación de A Coruña

Valentín González Formoso sinalou que este ano os municipios da provincia, entre eles Cabanas, contarán “co maior investimento desde que existe o Plan Único”, xa que a dotación inicial do POS+2025 increméntase nun 72% con respecto á do ano pasado, o que supón que o Concello de Cabanas recibirá nesta primeira achega 487.362 euros.

O presidente e o alcalde abordaron tamén a situación administrativa do convenio entre a Deputación e o Concello de Cabanas para o cofinanciamento das obras de mellora da accesibilidade e servizos urbanos na estrada N-651,que inclúe unha notable mellora da seguridade peonil na zona.

Lea también

Los trabajadores de Einsa Print en As Pontes convocan huelga indefinida tras el anuncio de ERE

El comité de empresa de Einsa Print en As Pontes (A Coruña), empresa dedicada a …