Se convoca en Ferrol unha nova edición do certame literario Carmela Loureiro

O Concello de Ferrol prepara unha nova edición do certame literario Carmela Loureiro, tras aprobarse na XGL (Xunta de Goberno Local) do luns 7 a convocatoria que se rexerá polas Bases reguladoras específicas do certame aprobadas polo Pleno do Concello de Ferrol con data 7 de febreiro de 2022, publicadas no taboleiro de anuncios da web municipal.

Fuente Concello de Ferrol/ Premios Carmela Loureiro 2024

A través deste certame, o Concello de Ferrol dá cumprimento aos obxectivos e medidas recollidas no Plan municipal de normalización lingüística, fomentado o emprego da lingua galega entre a mocidade, promovendo a súa participación nas actividades culturais e literarias.

Poderán concorrer a esta convocatoria todo o alumnado dos centros de ensino non universitario do Concello de Ferrol e daqueles centros da comarca que formen parte da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra (CENL), que cumpran os requisitos e as finalidades desta convocatoria.

Os premios serán unha tablet para cada persoa premiada por cada categoría en cada unha das tres modalidades: microrrelatos, micropoesíae microteatro, e un libro electrónico por cada accésit concedido nos supostos de que o xurado o estimase conveniente.

O prazo para a presentación de solicitudes de participación no certame será de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP.

Lea también

El Concello de Ferrol aprueba las bases de fomento de la cultura de 2025

Este lunes la junta de gobierno local ha dado el visto bueno a la aprobación …