O Concello de Ares e o CPI As Mirandas organizan a quinta edición do Concurso de Microrrelatos Escolares polo Día do Libro 2025

A Concellaría de Cultura e o colexio municipal de Ares veñen de anunciar a posta en marcha do V Concurso de Microrrelatos Escolares, o certame que se promove para fomentar a creatividade literaria e a escritura entre a mocidade da vila, amais de conmemorar o Día do Libro 2025.

Biblioteca Municipal de Ares

Coma en anteriores edicións, establecéronse dúas categorías, unha para estudantes de primaria (4º, 5º e 6º) e outra para estudantes de ESO. Cada categoría terá un gañador e un finalista, e entregaranse unha tablet ou ebook no caso do primeiro e un lote de libros no caso do segundo.

A mocidade empadroada en Ares, así como alumnado en si do CPI As Mirandas, poderán participar no certame literario enviando un máximo de 2 microrrelatos cunha extensión de 200 palabras. Todos os textos deberán contar cun título e empregar unha das cinco frases que se especifican nas bases do concurso, amais de utilizar a lingua galega na súa escrita.

O prazo para enviar os microrrelatos ábruise este martes 1 de abril, e pecharase o 23 deste mes ás 19:30 horas.

Habilitáronse dous correos electrónicos de cara a remitir os textos, tesmoitalingua@gmail.com e cultura@concellodeares.com, amais de facilitar a entrega en persoa ben na Biblioteca Municipal de Ares, ben no CPI As Mirandas. Xunto co microrrelato haberá que especificar o nome e apelidos do autor/a, a súa idade, curso no que se atopa, teléfono de contacto e e-mail.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de microrrelatos, un xurado composto por profesorado do colexio e unha persoa proposta pola Concellaría de Cultura avaliará as composicións e, unha vez elixidos os gañadores/as, levará a cabo unha cerimonia de entrega de premios o 30 de abril no salón de actos da Alianza Aresana.

Lea también

El Club de Remo de Ares prepara su fiesta de presentación

El Club de Remo de Ares prepara su fiesta de presentación. La cita tendrá lugar …