Visita do bispo de Mondoñedo-Ferrol a San Sadurniño

O Concello de San Sadurniño recibe ó bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos, que continúa percorrendo a súa diocese para coñecer de preto a realidade dos municipios que a integran.

No encontro -no que tamén participaron o párroco de San Sadurniño, Javier Santiago Sanmartín, e a concelleira de Participación veciñal e Axenda 2030, Raquel Piñeiro– abordáronse temas de gran interese para o Concello e para a diocese, como o problema do acceso á vivenda, a situación sociopolítica actual ou o valioso patrimonio arquitectónico e cultural ligado á Igrexa que existe no noso municipio.

O rexedor municipal agradeceulle ao bispo a súa visita e destacou o «bo entendemento e a relación cordial» que existe coa diocese e cos representantes pastorais das parroquias de San Sadurniño. Secundino García tamén lle reiterou o compromiso municipal de seguir «mantendo un diálogo fluído e unha estreita colaboración naqueles temas compartidos, sexan do tipo que sexan, que poidan redundar en melloras para a calidade de vida dos nosos veciños».

O rexedor agasallou a García Cardiñanos con sete láminas das igrexas de San Sadurniño, reproducidas das acuarelas orixinais pintadas pola ilustradora Blanca Escrigas. De feito, o bispo é o persoeiro que primeiro recibe este novo detalle institucional.

Lea también

Concluyen en Valdoviño las obras de mejora de los caminos de Outeiro-Funchal y Martices

La Administración local invirtió cerca de 70.000 euros. El Ayuntamiento de Valdoviño ha concluído esta …