Psoe Ferrol «O Goberno local desperdicia a oportunidade de solicitar fondos europeos de 2,5 a 3,5M€»

«É imposible entender como o Goberno de Rey Varela pode dicir que non ten diñeiro para financiar o 40% restante do proxecto, cando están solicitando máis crédito e teñen un superávit sen executar», dixo o concelleiro socialista Rafael Fernández.

O Grupo Municipal Socialista de Ferrol denuncia «o Goberno local, desde que asumiu a alcaldía, non conseguiu acceder a ningunha axuda de fondos europeos, desaproveitando unha oportunidade crucial para obter entre 2,5 e 3,5 millóns de euros destinados a infraestruturas verdes». «A pesar de que a convocatoria da Fundación Biodiversidade ofrecía ata o 60% de cofinanciación para proxectos de renaturalización urbana e a creación de corredores verdes, o Goberno municipal non presentou ningunha solicitude antes da data límite do 27 de febreiro de 2024».

Rafael Fernández, concelleiro socialista, criticou duramente a xestión local, destacando «as incoherencias na súa explicación: É imposible entender como o Goberno de Rey Varela pode dicir que non ten diñeiro para financiar o 40% restante do proxecto, cando están solicitando máis crédito e teñen un superávit sen executar”. «O Goberno municipal explicou inicialmente que non solicitou a axuda europea porque carecía dos fondos para cubrir o 40% restante. Sen embargo, esta xustificación resulta contraditoria cando, ao mesmo tempo, solicitan novos créditos e deixan sen executar un remanente de 13 millóns de euros«.

«O que non se pode aceptar é que, se non querían presentar a proposta do Grupo Socialista, non presentasen a súa propia, como é obriga de calquera goberno. Non se pode permitir que Ferrol perda esta oportunidade simplemente porque o Goberno non fixo o seu traballo”, engadiu Rafael Fernández.

«O proxecto do corredor verde non só melloraría a mobilidade sostible e a calidade de vida dos ferroláns, senón que tamén contribuiría á loita contra o cambio climático, crearía emprego local e potenciaría o turismo. Este proxecto tamén optimizaría os recursos da humanización de As Pías, financiada polo Goberno de España, completando a transformación da zona».

«O Goberno local creou unha oficina para xestionar os fondos europeos, pero ata a data non conseguiu nin un só euro para Ferrol. Os poucos proxectos presentados foron rexeitados, e este proxecto, que era unha oportunidade clara, nin sequera foi presentado. É evidente que a oficina non está cumprindo co seu obxectivo e o Goberno está deixando pasar as oportunidades que a cidade necesita para avanzar».

«É inaceptable que, con todos os recursos dispoñibles, o Goberno de Rey Varela non fora capaz de presentar esta solicitude de fondos. Unha vez máis, vemos a un goberno ausente, incompetente e incapaz de xestionar as oportunidades que existen para mellorar Ferrol”. Desde o Grupo Municipal Socialista «exiximos ao Goberno de Rey Varela que dé explicacións claras sobre a súa falta de xestión e que, no futuro, se centre en proxectos concretos e viables para garantir o avance da cidade cara a un modelo máis sostible e accesible para toda a cidadanía».

Lea también

El Concello de Ferrol incorpora a la ciudad 200.000 metros cuadrados de la Autoridad Portuaria

Casi cinco años después el Concello de Ferrol contará de manera oficial con los 201.658 …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *