O Consello sectorial da Lingua fai balance en Ferrol das actividades dos últimos meses

A concelleira de Normalización Lingüística de Ferrol, Patricia Cons, presidiu o Consello da Lingua. Nesta reunión, Cons deu conta dos programas de dinamización lingüística que está a desenvolver dita concellería, como o certame Artístico Poesía e Imaxe, que esta edición tivo unha elevada participación do alumnado de diferentes centros de ensino non universitario de Ferrol e daqueles centros da comarca que pertencen á Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística de Ferrolterra.

O xurado, formado por profesorado da Coordenadora, seleccionou un total de 35 traballos de alumnado de 18 centros de ensino, nos diferentes niveis, catro deles da categoría audiovisual. A exposición cos cadros correspondentes a cada traballo seleccionado abrirase ao público o próximo 26 de abril, e nese día entregaranse os premios aos autores no centro cultural Carvalho Calero.

Con respecto ao certame Literario Carmela Loureiro, nos próximos días publicarase no BOP a convocatoria da XI edición deste certame de microrrelatos, micropoesía e microteatro destinado á rapazada de 3o ciclo de Primaria, bacharelato, ESO e ciclos formativos.

O programa Apego, pola lingua, pola vida pechará no mes de abril a súa programación de inverno tras ofrecer seis actuacións para familias con nenos e nenas de diferentes idades. No mes de maio ofertará unha nova programación con música, teatro e contacontos. Tamén Ferrol tivo participación tanto no Club de Debate, con dous equipos do IES Canido que pasaron á final galega, que terá lugar o 26 de abril en Vilagarcía de Arousa, como no proxecto Youtubeiras+ 2025 promovido polas tres universidades galegas, a Deputación da Coruña e 12 concellos.

Unha iniciativa de dinamización lingüística que xorde no ano 2015, dedicado á mocidade, co principal obxectivo de incrementar e pór en valor a presenza do galego en Internet e as redes sociais. Está previsto que Ferrol acolla a vindeira gala de Youtubeiras +2025.

No consello de hoxe tamén se tratou a proposta de actualización e revisión do Plan municipal de normalización lingüística.

Lea también

Dos empresas presentan ofertas en Ferrol para rehabilitar seis viviendas en Recimil

En la jornada de ayer finalizó el plazo de presentación de ofertas para el proyecto …