Clausura da xornada “O futuro dos parques empresariais” organizada por Cofer e o Concello de Narón

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, clausurou no mediodía deste mércores 26 a xornada “El futuro de los parques empresariales”, organizada pola Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer) e o Concello naronés.

O presidente da citada entidade, Cristóbal Dobarro, foi o encargado de inaugurar a convocatoria, á que acudiron representantes de diversas empresas asentadas na localidade. O secretario xeral da Federación Gallega de Parques Empresariales (Fegape), David Sobral, falou sobre a lei de parques empresariais de Galicia e as entidades de xestión, conservación e modernización. Desglosou a estrutura da lei, incidindo nos obxectivos da mesma e tamén no seu ámbito de aplicación, e tamén citou o exemplo sobre a creación de seccións en polígonos para que se integren as empresas alí asentadas e poder abordar asuntos particulares de interese de cada polígono, para manter as entidades de xestión e conservación no caso de que resulte convinte.

A continuación, o xerente do polígono de Carballo, Pablo Rodríguez, falou da tramitación para a creación da entidade de xestión, conservación e modernización do citado parque empresarial (Ecoxem). Incidiu, entre outros asuntos, na relevancia deste tipo de entidades para poder xestionar e implantar novos servizos no polígono (báscula pública de pesaxe, comunidade enerxética, central de compras…) e tamén da posibilidade de acceder a novas fontes de financiamento (subvencións públicas, patrocinios e programas europeos) e de contar con seguridade xurídica.

A terceira intervención correu a cargo de Francisco Castro, funcionario do Concello de Narón que fixo un relatorio sobre os polígonos industriais da cidade, as medidas para o seu impulso e desenvolvemento e tamén da recentemente creada aplicación web Infopolígonos. Permite, tal e como indicou, a búsqueda de empresas, naves industriais e outros servizos dispoñibles nos polígonos de Río do Pozo, A Gándara e As Lagoas, a través dun visor no que se especifica unha gran cantidade de información das empresas e servizos. Pódese navegar libremente por un mapa ou utilizar marcadores de ubicación e tamén se poden realizar búsquedas a través de diferentes parámetros, como a referencia catastral, o nome da empresa, número de parcela… tal e como explicou Castro.

Finalmente a alcaldesa, Marián Ferreiro, pechou a xornada agradecendo a Cofer o feito de organizala en colaboración co Concello. A rexedora local destacou que “o futuro dos parques empresariais é unha das máximas prioridades do goberno local” e destacou o papel que xoga Narón como motor industrial da comarca de Ferrolterra, un posicionamento que é posible, subliñou, “grazas á aposta e implicación do sector empresarial”.

A alcaldesa destacou o feito de que Narón é un dos 44 concellos emprendedores de Galicia da provincia da Coruña, “o que nos permite ofrecer beneficios fiscais a modo de bonificación do IAE e o ICIO e simplificar os procedementos administrativos á hora de conceder as licencias”. “Contamos a día de hoxe cunha gran variedade de industrias que souberon diversificar o seu mercado, atender as demandas do mercado e sortear vulnerabilidades para poder saír airosos ante posibles casos de crise”, recalcou Ferreiro, que tamén valorou a diversificación das empresas locais, a súa proxección de futuro e o seu papel como fontes de creación de oportunidades laborais.

En canto ao futuro, recordou que este mércores 26 remata o prazo da Entidade Pública Empresarial del Suelo (Sepes) para vender 53 parcelas de Río do Pozo. “Ogallá moi axiña teñamos boas novas sobre esta operación, porque o futuro dos parques empresariais, asunto central que nos reuniu nesta xornada, marca indiscutiblemente o futuro da nosa comarca, á que desexo de corazón o maior dos éxitos. Éxitos para Narón e tamén para os concellos veciños: Ferrol, Neda, Fene, Ares, Mugardos, As Pontes… porque os seus éxitos serán tamén os destas comarcas, os das nosos veciños”, subliñou.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …