Ares acolle a última exposición de Galicia en Foco

A concellaría de Cultura de Ares e o Club de Prensa de Ferrol inauguraron esta semana a última exposición de Galicia en Foco, unha mostra fotográfica que acada a súa 33ª edición e que xa se atopa dispoñible no andar superior da Casa da Xuventude de Ares.

Ata alí se desprazaron Alma Barrón, edil de Cultura, e representantes do Club de Prensa ferrolán, entre eles a súa presidenta, Julia Díaz Sixto, para explorar o conxunto de imaxes que retrataron os principais acontecementos vividos nos últimos tempos en Galicia. Constataron o obxectivo final da exposición: a visibilización da gran calidade do fotoxornalismo galego que se desenvolve diariamente nos medios de comunicación.

 

Baixo unha perspectiva completa, Galicia en Foco transfórmase nunha crónica visual da vida, a cultura, a sociedade e as tradicións do territorio, sempre da man da óptica dos fotoxornalistas. De feito, a mostra axuda a recoñecer o seu labor e profesionalidade, divulgando os nomes e pezas deste reporteirismo gráfico que tan ben documenta a Galicia contemporánea.

Na propia Casa da Xuventude atópase o traballo de Brais Lorenzo, que gañou o galardón de Foto do Ano dentro desta 33a edición, ou de Iñaki Abella, cunha serie en prensa tamén premiada.

Veciñanza, comunidade educativa e amantes da fotografía poderán valorar tanto as instantáneas expostas como a realidade sociocultural que encapsulan até o 11 de abril, en horario de mañás de 10:00 a 13:00 horas. (de luns a venres) e de tardes de 19:00 a 21:00 horas. (só os venres).

Lea también

Fene prepárase para unha nova edición da Xuntanza de Palilleiras

O encontro celebrarase o 26 de abril no Pavillón A Xunqueira e reunirá afeccionadas ao …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *