Pontedeume presenta no Fórum Gastronómico da Coruña a I Feira dos Queixos

Concello de Pontedeume acolle no mes de abril a primeira edición de Merca Queixo, a Feira de Queixos de Pontedeume. O evento contará coa colaboración da unión de comerciantes eumeses UCOA, a Cooperativa de Produtores del Campo de Capela, Leche Celta e a Deputación da Coruña. 

A feira Merca Queixo será presentada oficialmente este martes 25 de marzo, ás 10:30 no Fórum Gastronómico que se celebra no Expocoruña da cidade da Coruña. O acto terá lugar dentro do espazo Cheese Fórum. 

Con esta nova feira, o Concello de Pontedeume busca poñer en valor a gran tradición de produtos alimentarios artesanais existente en Galicia e, en particular, do queixo como alimento básico cun milenios de historia ás súas costas. 

A propia vila de Pontedeume conta tamén conta cunha ampla historia gastronómica rastrexable ata a época romana, e a súa renovada praza de abastos conta co Selo de Excelencia de Mercados de Galicia, sendo un punto de encontro entre os produtos do mar e do campo. 

Desta tradición xurdiu a vontade de crear a I Feira de Queixos de Pontedeume, que contará con multitude de actividades. Entre elas haberá showcooking, obradoiros para todas as idades, degustacións de pinchos, dinamización musical, coloquios e moito máis. 

O alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, quixo convidar “a todas as persoas interesadas a aproveitar a celebración do Fórum Gastronómico para coñecer esta iniciativa, da que agardamos que se convirta nun novo gran atractivo turístico para o noso municipio”. 

Pola súa banda, a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Ángela Piñeiro Carrera, quixo destacar “que esta celebración manifesta o compromiso do Goberno municipal co comercio e cos pequenos produtores, que son un motoresencial da economía galega e local”. 

Lea también

Moeche se prepara este domingo para vivila a VII Feira do Queixo

O Concello facilita a asistencia á feira co Tren do Queixo, que sairá de Ferrol …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *