Axenda en Narón do 21 ao 23 de marzo

Venres 21 de marzo de 2025

Actividade: Pequenas mentiras para contar grandes verdades. Ás 20:30 horas no Pazo da Cultura.

Patricia de Lorenzo (compañía Chevere). Foto- Padroado de Narón

O X Festival Internacional do monólogo teatral Singular continúa esta tarde coa representación desta obra teatral da compañía Chévere e protagonizada por Patricia de Lorenzo. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Sábado 22 de marzo de 2025

Actividade: Día mundial da auga. De 10:00 a 14:00 horas, nas Inmediacións do río Freixeiro (tramo entre a rotonda de Freixeiro e o muíño das Aceas.

O Concello colabora coa asociación medioambiental Curuxa na organización desta proposta, na que están inscritas unha trintena de persoas que, a modo de voluntarios, retirarán restos dun tramo do río Freixeiro.

Actividade: Versos de Balda. Ás 11:00 horas, na Biblioteca municipal.

O Concello organizou esta proposta para conmemorar o Día Mundial da Poesía. A actividade ten unha finalidade creativa, centrada na poesía, e diríxese a persoas de todas as idades.

Actividade: Hoy tengo algo que hacer. Ás 20:00 horas no Pazo da Cultura.

O X Festival Internacional do monólogo teatral Singular propón para esta xornada un monólogo cómico da compañía Teatro del Barrio e protagonizado por Luis Bermejo. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

«Contos para entender (nos) mellor», Cris de Caldas. Foto-Padroado de Cultura de Narón

Domingo 23 de marzo de 2025

Actividade: Contos para entender(nos) mellor. Ás 18:00 horas no Pazo da Cultura (Café Teatro).

A proposta para público familiar e infantil do X Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular é este contacontos protagonizado por Cris de Caldas. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

Se abre en Narón un prazo de consulta para modificar o Regulamento de Participación Cidadá

O pleno municipal do Concello de Narón, na sesión celebrada o pasado 31 de outubro …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *