A alcaldesa de Narón entrega os premios do X Concurso de Tapas de Entroido

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, entregaron este xoves 20 no Concello os premios do X Concurso de Tapas de Entroido organizados pola administración local.
 
 
Os establecementos A Serra e O Tapeo obtiveron o premio concedido polo xurado e por votación popular, respectivamente. En ambos casos levaron como agasallo un cheque por importe de 500 euros, unha chaquetilla de chef e unha placa conmemorativa do certame. Dámaso e Uxía López recolleron o premio da Serra, se ben o do Tapeo entregóuselle a Alma Senín e Mon Ibáñez. O taco con liscos de A Serra poderá degustarse aínda durante esta semana no citado establecemento, e a Cociburguer do Tapeo, forma xa parte da carta do local, tal e como confirmaron os seus responsables.
 
Os premiados coas tres ceas valoradas en 100 euros foron Vicente Carlos Rodríguez, Óscar Castro Carnero e Eva Pena Novo, os tres veciños da cidade. Os locais de hostalería elixidos polos agraciados para as ceas, que terán que celebrarse como data tope o 11 de abril, son Casa Sindo, A Serra e O Lugar.
 
O xurado que valorou as tapas dos diferentes establecementos estivo integrado por Miguel Caruncho (profesor de Cociña e Hostalería no CIFP Fraga do Eume), Nerea Armendáriz (instagramer especialista en cociña con @lamorrofino) e Joni Barroso (xefe de cociña do Pazo Libunca). Así mesmo, no caso do voto popular, a clientela encargouse de puntualas a través dun código QR, podendo optar ao premio das ceas no caso de puntuar as elaboradas por catro ou máis establecementos, tal e como se especificaba nas bases. A alcaldesa interesouse ante os premiados por coñecer a súa valoración do certame e agradeceulles a súa participación.
 
“Nada de todo isto tería sentido sen o voso traballo”, recalcou, en referencia aos establecementos que se sumaron ao certame. A convocatoria desenvolveuse dende o 27 de febreiro ata o 6 de marzo en dezasete establecementos da cidade, a maiores dos premiados, en: Chacho qué bueno!, Silver, Casa Sindo, Mamá Flora, Clandestino Burger, El Olivo Cocina Bar, Salsiña restaurante, Ronnie, Fame Kanalla, Lambetadas, O Rincón de Trini, O Lugar, Mesón de La Abuela, Café Restaurante Kensington e Chips.
 
A clientela tivo a oportunidade de degustar ao mediodía e pola noite, por un prezo de 3 euros, as diferentes elaboracións, preparadas con produtos típicos do entroido.
 

Lea también

El gimnasio Benygym de Narón brilla en el Open Nacional ISKA de Bilbao de Kickboxing

El gimnasio Benygym de Narón volvió a demostrar el excelente nivel de sus competidores tras …