Os grandes nomes do cómic actual interpretan o xenio de Picasso no novo proxecto expositivo de Afundación en Ferrol

Sede Afundación de Ferrol-Archivo

Co gallo da celebración do Día do Cómic neste mes de marzo, Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta na Sede Afundación de Ferrol a exposición «Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo», unha orixinal ollada á figura e obra deste artista universal, interpretado por grandes nomes da banda deseñada.

Presentase este xoves 20 de marzo cunha visita guiada a cargo do comisario da exposición, Asier Mensuro, que terá lugar ás 19.00 horas; Tamén estarán Verónica Rego, coordinadora de Relacións Institucionais de Afundación, e Paula Ferreiro, da Sede Afundación de Ferrol.

A visita guiada é de balde, mais é preciso reservar praza (preme neste formulario): nesteformulario

A exposición rende homenaxe ao xenio a través dun orixinal percorrido por máis de 170 pezas, moitas delas concibidas ex professo para esta exposición. «Picasso protagonista. Viñetas no cómic español contemporáneo» propón unha reflexión a través do cómic coa que afondar no mito de Picasso e entender como se integra no imaxinario colectivo da cultura española do noso tempo. Con tal propósito, está representado o traballo de 40 recoñecidas autorías galegas e españolas, en cuxas viñetas e creacións en moi diversos soportes percíbese a pegada do gran Picasso.

Convivindo coas clásicas bandas deseñadas en papel, preséntanse cómics en lenzo, obras en gran formato, cómics despregados no espazo, instalacións específicas ou xogos de mesa experimentais.

Lea también

Este jueves interesante charla de la ferrolana Carmen Blanco en la librería Santos Ochoa, en Odeón

Una interesante tarde literaria se nos ofrece este jueves, día 20, a las 19.30 horas …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *