O donostiarra Palacio Kursaal convértese no escenario de presentación de ‘A paisaxe que sabe’

O emblemático Palacio Kursal converteuse no escenario de presentación de «A paisaxe que sabe”, cun evento organizado pola área de turismo da Deputación de A Coruña para poñer en valor a gastronomía da provincia entre o público profesional donostiarra.

O vicepresidente, Xosé Regueira, foi o encargado de abrir o acto, conducido por Oraitz García, para posteriormente dar paso á degustación dun menú elaborado a base de produtos locais polo cociñeiro André Arzúa.

Fuente Diputación de A Coruña

“Queremos que coñezades un pouco máis da nosa provincia a través dos nosos produtos” sinalou o vicepresidente, Xosé Regueira, durante a súa intervención. “Euskadi é para nós un territorio estratéxico, de cara a captar a un perfil de turista que valora todo o que podemos ofrecer. Por iso promovemos este tipo de eventos que repetiremos proximamente en Vitoria e Bilbao”, anunciou. “A nosa cultura, identidade, lingua, maneira de vida… configuran un produto turístico de primeiro nivel. E temos que facer do turismo unha experiencia que se basee non so na cantidade senón na calidade, por iso estamos en Euskadi”.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

O millo corvo, as fabas e os chícharos bágoa de A Despensa d`Lujo; os berberechos de Noia; as vieiras de Barallobre; o polbo de Muros; os grelos da IXP Grelos de Galicia; a pescada de Ribeira; o porco celta; a costela da IXP Ternera Gallega; as patacas de Cositanco e o queixo das DOP Tetilla e Arzúa Ulloa compuxeron un menú que degustaron máis de 80 asistentes, maridado con Vermú Lodeiros; os viños de Adega Entre os Rios e Adegsa Cstellum Augusti (IXP Barbanza e Iria) e de Adegas Bordel (IXP Viños da Terra de Betanzos) e Vánagandr, a mellor xenebra do mundo elaborada en Cambre.

A Deputación presentaba, así, os “saberes e sabores” da provincia, “co obxectivo de poñer en valor o bo facer dos nosos produtores e produtoras locais e chefs”, sinalou o vicepresidente, “e tamén para que coñezades de primeira man a nosa gastronomía, que para nós agora mesmo é un dos principais destinos turísticos da provincia, sinónimo de calidade, sustentabilidade e que ademais xera grandes oportunidades socioeconómicas no territorio”.

Regueira rematou convidando a todos os asistentes a visitar a provincia, “cos ollos moi abertos, e con ganas de coñecer unha cultura diferente e un territorio auténtico con moito que ofrecer”.

Lea también

Dos ponteses firman el cartel que representará la imagen del Festival Intl. do Mundo Celta de Ortigueira

La obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto y Joseba Silvent, vecinos del Ayuntamiento de As …