Neda pon este venres punto final ao seu ciclo documental coa curtametraxe L’archéologue

Neda pecha este venres o seu ciclo de cinema documental coa proxección de L’archéologue (O arqueólogo). Trátase dunha curtametraxe de Antón Taboada, que afonda na memoria do petroleiro Mar Exeo, afundido fronte á Torre de Hércules no 1992. E faino a través da figura de Emile Gireau, un escultor francés que leva anos recuperando fragmentos do pecio para transformalos en arte.

A Casa da Cultura acollerá, a partir das 20:30 horas, a proposta audiovisual, incluída no “Outono das artes” da Deputación da Coruña. Un título que, segundo apuntan, reflexiona sobre “a memoria, a identidade, e o proceso creativo, acompañando ao protagonista nun percorrido íntimo no que cuestiona os límites entre arte, arqueoloxía e lembranza”.

A proxección ten unha duración de 30 minutos. E a entrada é libre.

L’archéologue (O arqueólogo) completa a carteleira do ciclo de cinema documental, que arrincaba coa presentación de “Mary Quintero. Máis de 90 anos de creatividade” e trouxo a Neda ao longo de cinco semanas propostas do máis variado. “Salvaxe, salvaxe”, reflexión sobre a cohabitación entre lobos e humanos, foi a que mellor acollido tivo ata a data.

Lea también

Cedeira promove o XII certame “Tapas de Outono”

O Concello de Cedeira organiza a sétima edición do certame “Tapas de Outono”, que se …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *