6.176 pemes, microempresas e autónomos solicitan as axudas PEL da Deputación da Coruña

O Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña segue a bater marcas, cun total de 6.176 solicitudes rexistradas tras o peche do prazo da convocatoria de 2025. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que “ano tras ano increméntase o número de solicitudes, o que demostra a consolidación do PEL como unha ferramenta útil para o os pequenos negocios, autónomos e emprendedores da provincia e a necesidade de que as administracións sigamos implicándonos a fondo no apoio á creación de emprego”.

Fuente Diputación de A Coruña

O presidente sinalou tamén o impacto que o PEL ten especialmente nos concellos máis pequenos, axudando así a fixar poboación e enfrontar o reto demográfico ao que se enfrontan os concellos rurais da provincia.

Estas axudas, destinadas a fomentar o emprego e a modernización do tecido empresarial da provincia, distribúense en catro liñas de apoio que suman un investimento total de preto de 9 millóns de euros.

Crecemento das axudas para investimentos no rural

A liña PEL-Emprende Investimento, dirixida a pequenas e medianas empresas, microempresas e persoas autónomas que desenvolven a súa actividade en concellos de menos de 10.000 habitantes, volve a superar as cifras de anos anteriores.

Este ano recibíronse 1.437 solicitudes. Entre os concellos con maior volume de solicitudes destacan Santa Comba, Mazaricos, Melide, Arzúa, Vimianzo e Dumbría, cun predominio de sectores como a gandería, a agricultura, a construción, a alimentación e os servizos. A Comarca de Xallas lidera a participación nesta liña, reflectindo o peso do emprendemento no rural e a necesidade de medidas que favorezan a modernización dos negocios existentes.

As empresas beneficiarias poderán destinar os fondos a investimentos en bens inventariables imprescindibles para o desenvolvemento da súa actividade, como maquinaria, equipamentos tecnolóxicos ou melloras nas infraestruturas. Esta aposta pola modernización resulta clave para aumentar a competitividade do tecido empresarial da provincia.

Fuente Diputación de A Coruña

Case 3.900 solicitudes para as axudas a profesionais autónomos

A liña PEL-Autónomos, que subvenciona parte das cotas á Seguridade Social, rexistrou 3.892 solicitudes, das que 3.648 corresponden a persoas que non solicitaron esta axuda en anos anteriores. Este aumento pon de manifesto a importancia deste apoio para o mantemento e fortalecemento do autoemprego na provincia.

En 2025, como novidade, eliminouse o requisito de antigüidade, permitindo que todas as persoas autónomas da provincia con domicilio fiscal en concellos de menos de 10.000 habitantes poidan acceder ás axudas, sempre que non foran beneficiarias en 2024. Esta medida busca facilitar o acceso ás subvencións a novos emprendedores e favorecer a consolidación dos seus proxectos empresariais.

847 solicitudes para axudas á contratación

As axudas PEL-Pemes, destinadas á creación e ampliación do cadro de persoal, acadaron 847 solicitudes, superando tamén as cifras de anos anteriores.

A liña PEL-Pemes Creación e Ampliación, que cobre o 70% dos custos das novas contratacións, recibiu 662 solicitudes, fronte ás 613 do ano anterior; mentres que a A liña PEL-Pemes Mantemento, que subvenciona o 50% dos custos salariais do segundo ano de contratacións indefinidas realizadas ao abeiro do programa en 2024, rexistrou 175 solicitudes.

Os sectores con maior demanda foron a agricultura, a gandería, a construción, a alimentación, a metalurxia e os servizos, con maior incidencia en concellos como Santa Comba, Mazaricos, Melide, Arzúa, Vimianzo e Dumbría. O impacto positivo destas axudas refléxase na xeración de novas oportunidades laborais, contribuíndo á fixación de poboación no rural e á mellora das condicións de emprego na provincia.

O PEL, unha aposta estratéxica polo emprego

Desde a súa creación en 2016, o Plan de Emprego Local consolidouse como unha ferramenta esencial para o desenvolvemento económico da provincia. En oito anos, permitiu crear máis de 7.700 empregos nos sectores público e privado, apoiar a máis de 2.700 empresas en novos investimentos e beneficiar a máis de 4.000 persoas autónomas que viron reducidas as súas cotas sociais. Ademais, impulsou unha Rede Provincial de Coworking con 11 centros en funcionamento.

Este esforzo mantense en 2025, cunha clara aposta polo reforzo do tecido empresarial e a creación de emprego de calidade. Unha das grandes vantaxes do PEL é a compatibilidade entre as súa liñas de axuda, o que permite que as empresas e persoas autónomas poidan beneficiarse de diferentes programas segundo as súa necesidades.

Un ano máis, as axudas PEL 2025 permitirán seguir creando emprego, apoiando o emprendemento e modernizando negocios, cunha contía máxima de 45.900 euros por beneficiario para as persoas autónomas en concellos de menos de 10.000 habitantes.

A Deputación da Coruña reafirma así o seu compromiso cunha economía local forte e sustentable, que aposte pola innovación e o desenvolvemento empresarial como motores de progreso.

Máis información dispoñible en www.pel.gal

Lea también

Desde este miércoles quedan prohibidas en Galicia las quemas agrícolas y forestales de particulares

Esto implica que no se darán más permisos y los ya concedidos quedarán en suspenso …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *