“Peques e heroas” na biblioteca de Neda

Fuente concello de Neda

A programación do Día da Muller deseñada polo Concello de Neda continuaba na mañá deste sábado na Biblioteca cunha actividade para os máis pequenos e pequenas da casa, o espectáculo “Peques e heroas” a cargo da narradora Manuela Varela.

Cultura e educación en valores danse a man neste contacontos que convida a reflexionar sobre os roles de xénero e as dificultades que moitas mulleres van atopando polo camiño para desenvolver a súa actividade profesional. A proposta concitou o interese non só dun bo número de nenas e nenos, senón tamén das súas familias, que non perderon detalle do espectáculo, participando del xunto aos seus fillos e fillas.

Incluído á súa vez no ciclo municipal “Lesme un conto?”, a actividade contou co apoio do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

Lea también

Apelón Educación ultima en Mugardos polo Nadal un programa de actividades culturais

Este Nadal, Mugardos acolle un pequeno programa de actividades culturais promovido por Apelón Educación, pensado para …