Inauguración do «belén» da asociación «O tilo» en Ares

O alcalde, Julio Iglesias, e o concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, acudiron o domingo, día 2, á inauguración do Belén da Asociación Cultural O Tilo. Este Nacemento poderá visitarse  en horario de 17.00 a 20.00, de luns a sábados, e de 11.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas, os domingos e os días festivos.

O Belén de O Tilo ocupa unha superficie no antigo consistorio –praza da Constitución- duns 50 metros cadrados, e consta de 300 figuras de diversos tamaños, aínda que as máis abundantes son as de 17 e 21 centímetros. Ademais, conta con dez figuras móbiles.

Aínda que a entrada a este Belén é de balde, a asociación admite donativos, que este ano, segundo anunciaron, serán entregados á entidade Cáritas Parroquial de Ares.

O Tilo, así mesmo, indica que calquera colexio que desexe visitar este Belén poderá facelo, para o que deberá, previamente, poñerse en contacto coa directiva da asociación local.

Lea también

Evacuado un vecino de Ares por inhalación de humo tras incendiarse un colchón en su vivienda

Un vecino de Ares , M.A.R.B. , de 60 años de edad, ha tenido que …