Turismo da Deputación amosa en Donosti o gran potencial gastronómico que ostenta a provincia

Co lema “A Coruña cos 5 sentidos”, a entidade provincial promocionará o sector agro alimentario e gastronómico o vindeiro 18 de marzo. Estarán presentes iconas da provincia como as legumes da Despensa D’Lujo, o Vermú de Lodeiros, o polbo de Muros, os berberechos de Noia, as vieiras de Barallobre, as IXP Grelos de Galicia, Viño da Terra de Betanzos, Barbanza e Iria, as DOP Ternera galega, Tetilla e Arzúa Ulloa ou a mellor xenebra do mundo, Vánagandr. Participarán no acto o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira; Oraitz García, que conducirá o evento e André Arzúa, de Espazo Abella de Santiago de Compostela que será o cociñeiro de elaborar o menú

Fuente Diputación de A Coruña

Turismo da Deputación leva ata Donosti ‘A paisaxe que sabe’ organizando un encontro no restaurante Muka do Palacio Kursaal o vindeiro 18 de marzo. Baixo o título ‘A Coruña cos 5 sentidos’, porase en valor o sector agro alimentario e gastronómico da provincia da man de produtores e produtoras locais e coa demostración culinaria de André Arzúa, de Espazo Abella Gastronómico.

O vicepresidente e deputado de turismo, Xosé Regueira, destacou o orgullo que supón “poder mostrar en diferentes puntos, e máis concretamente Euskadi, coa súa magnífica tradición culinaria, a calidade dos nosos produtos e do traballo das produtoras e produtores da provincia”, destacando o “traballo que realizamos para atraer a visitantes que valoren a calidade e o respecto pola contorna.” Ademais, Regueira sinalou que estas iniciativas resultan “de gran impacto para o posicionamento da gastronomía da provincia da Coruña como un dos nosos piares máis senlleiros.”

Fuente Diputación de A Coruña

O evento, destinado a un público profesional, comezará cun aperitivo onde se degustará empanada de millo negro da Despensa d´Lujo con berberecho de Noia, maridada con vermú Lodeiros. Posteriormente, desenvolverase a comida que estará protagonizada pola materia prima de produtores locais como Mariscos de Barallobre, as IXP ‘Grelos de Galicia’, e ‘Ternera Gallega’ e as DOP ‘Arzúa Ulloa’ e ‘Tetilla’, e o maridaxe dos viños de Adega Entre os Ríos e Adegas Castellun Augusti, da IXP Barbanza e Iria e de Adegas Bordel (IXP Terra de Betanzos) e a mellor xenebra do mundo, Vanagandr, que se elabora en Cambre.

O cociñeiro de Espazo Abella, André Arzúa, será o encargado de elaborar o menú a base de produtos que xa son icona do país como o polbo de Muros, o berberecho de Noia, a vieira de Barallobre, os grelos, a tenreira galega, a pataca de Coristanco, ou o queixo Arzúa Ulloa.

Lea también

‘Impacto de los perros sobre las aves acuáticas que hacen uso del ecosistema playa’, este viernes 21 en la SGHN de Ferrol

  La Delegación de Ferrol de la Sociedade Galega de Historia Natural-SGHN  ha organizado una nueva …