Plantación de árbores en Narón na senda peonil e ciclista entre Frexeiro e Xuvia

Unha zona temática de árbores froiteiras medra dende este xoves 13 na zona da senda peonil e ciclista entre Freixeiro e Xuvia, en Narón, onde se levou a cabo unha nova plantación promovida na cidade pola Corporación Masaveu, á que pertence Cementos Tudela Veguín, no marco das xornadas de concienciación medioambiental que realizan cada ano, dende 2010, en espazos cedidos polo Concello.

Fuente Concello de Narón

A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e Seguridade Cidadá, José Oreona, participaron na convocatoria xunto co responsable de Medio Ambiente e Enerxía do grupo Masaveu Industria, Fernando Fernández-Tresguerres; a directora da planta Cementos Tudela Veguín, do Grupo Masaveu en Castro, Marta Ferro, outros representantes da citada empresa e medio cento de alumnos de sexto curso de Primaria do colexio Santiago Apóstol de Narón xunto con persoal docente do centro.

Fuente Concello de Narón

Unha vez na zona os escolares atenderon as explicacións do persoal da empresa adxudicataria do servizo de parques e xardíns da cidade. Como previamente estaban habilitados os ocos para realizar a plantación dun total de vinte froiteiras, a continuación comezaron a realizar as tarefas que permitiron plantar estas especies (maciñeiras, pereiras e nogueiras). Cada árbore ten unha tarxeta identificativa co nome das persoas que participaron na súa plantación, implicándose tamén neste labor tanto representantes da empresa como da corporación local.

Ferreiro destacou a importancia “de levar a cabo este tipo de actividades co alumnado, ao ter un alto grao de concienciación medioambiental e contribuír a que dende nenas e nenos coiden e respecten o medio ambiente”. A alcaldesa puxo en valor esta iniciativa, que nos últimos anos permitiu realizar diferentes plantacións no termo municipal. Zonas verdes das parroquias de Sedes, Castro e os paseos marítimos de Xuvia e da Gándara, foron espazos nos que se levou a cabo esta iniciativa medioambiental, plantando unha gran variedade de especies arbóreas, ornamentais e tamén autóctonas e froiteiras, tal e como recordou Ferreiro.

Lea también

La FGTA convoca a deportitas del Club Arco Narón a un Stage-Concentración

La Federación Galega de Tiro con Arco FGTA convocó nuevamente a 6 jóvenes deportistas pertenecientes …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *