O BNG reivindica este xoves en Ferrol a figura de Castelao

Fuente Concello de San Sadurniño

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolve este xoves, día 13 de marzo, no Antigo Hospicio de Ferrol (r. Méndez Núñez), un acto público para reivindicar a figura de Castelao como político e referente do nacionalismo galego máis ala do seu perfil como artista ou escritor e no que participará a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Tamén intervirán  Manolo Rei (escritor e divulgador) e Iván Rivas (portavoz municipal). Leandro Lamas,  desenvolverá en directo unha intervención artística

O BNG destaca que o pensamento de Castelao segue a ser unha referencia ineludíbel «para quen loitamos por unha Galiza máis xusta, próspera e con capacidade para decidir o seu propio destino» e se enmarca no programa de actividades con motivo do 75 cabodano de Castelo.

O BNG busca reivindicar a figura de Castelao na súa totalidade, sen reducionismos e sen intentos de desvirtuar ou manipular o seu pensamento porque Castelao foi sempre claro e contundente: Galiza é unha nación e ten dereito a decidir libremente o seu destino.

 

Lea también

Conferencia sobre flora serpentínica da SGHN en Ferrol

Será este venres 27 dentro do seu ciclo de «Xuntanzas Naturalistas», e será impartida polo …