O Centro de Interpretación de Caldoval ofrece unha actividade especial para celebrar o día do pai

Este domingo 16 de marzo, o Centro de Interpretación de Caldoval, Mugardos, ofrece unha actividade especial para celebrar o día do pai titulada «Retrato Imperial». Un obradoiro no que se realizará un medallón conmemorativo dedicado ó pai, co seu retrato inspirado no mesmísimo emperador, coma o emperador Adriano da moeda ques e atopou en Caldoval. 
 
 
Haberá dúas quendas, de mañá ás 11:30 horas, e de tarde ás 17:30 horas, sendo a duración aproximada da actividade de 45 minutos. 
 
As persoas interesadas en participar deberán reservar praza escribindo ó correo electrónico info@museocaldoval.gal  contactando telefónicamente (en horario de apertura do centro)  687072116, e a través das súas redes sociais de Facebook e Instagram.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …