Presentada a campaña «Comercio de Narón, en Nadal e sempre»

 O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, e a presidenta da Asociación de Comerciantes de Narón, Olga Ameneiro, presentaron  en rolda de prensa a campaña “Comercio de Narón, en Nadal e sempre”.

 Trátase dunha serie de accións para dinamizar o comercio local durante estas navidades, promovidas pola administración local en colaboración con esta asociación, e a empresa Eventi.

Poden participar nesta campaña tódolos comercios do municipio, que deberán inscribirse na páxina web www.comerciodenaron.es. Tanto a inscrición coma a participación na mesma son gratuitas. Repartiranse máis de 2.200 € en premios en metálico, 30.000 papeletas para participar nos sorteos de agasallos e 5.000 bolsas entre os comercios adheridos. Ata o de agora xa hai 77 establecementos que forman parte desta campaña.

O programa de actividades é o seguinte:

Do 1 ó 30  de decembro: Reparto de papeletas nos comercios de Narón para participar nos sorteos.

Do 17 ó 28 de decembro: O Apalpador repartirá caramelos entre os nenos polas rúas de Narón.

Día 21 de decembro: Gala do comercio de Narón, de 21 a 22 horas, no Auditorio da Praza de Galicia. Presentada por Pichi Varela, con entrada gratuita. Sortearanse 4 cestas de Nadal e vales agasallo da Asociación de Comerciantes de Narón.

Do 25 ó 30 de decembro: Festa infantil da Asociación de Comerciantes, na Praza de Galicia, de 16:30 a 20:30 horas.

Do 26 ó 29 de decembro e do 2 ó 4 de xaneiro: Tren navideño da Asociación de Comerciantes de Narón, en horario de 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas.

29 de decembro: Ás 18:00 horas na Praza de Galicia, sorteo dos vales de compra da Campaña.

Lea también

Néstor Rego, explicou en Narón as liñas mestras do Acordo conseguido polo BNG no marco da investidura

O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, acompañado por Olaia Ledo,  explicou no serán …