Palilleiras de toda Galicia déronse cita na “XIX Xuntanza de Palilleiras de Neda”

Un total de 370 palilleiras chegadas de boa parte de Galicia e máis de Soria están a participar na “XIX Xuntanza de Palilleiras de Neda”, organizada pola Asociación Palilleiras Filigrana, co apoio do Concello.

O alcalde, Ángel Alvariño, inauguraba as 11 da mañá deste sábado o encontro, no que nedenses e visitantes puideron seguir en directo o traballo artesán que realizan estas auténticas mestras (e algún que outro mestre) do bolillo. De 16 a 18 horas, retómouse o encontro no que, como é habitual, tivo variedade de postos de venda de material no que non faltaron o tradicional sorteo de agasallos.

Apuntan desde Filigrana que, como vén sendo habitual, na reunión déronse cita palilleiras chegadas de toda a provincia da Coruña, e tamén das de Pontevedra e Lugo., e más de Soria. Unha vez máis, o veterano evento deu a coñecer o labor artesán que realizan cos palillos, ofrecendo a posibilidade de ver en directo como fan os encaixes. Trátase tamén de dar pasos para conservar a tradición, tentando que máis xente descubra esta arte e engánchese.

 

Lea también

La razón por la que se decidió que Las Vegas fuera el epicentro de los casinos en EEUU

Hablar de Las Vegas es evocar una ciudad que no duerme, luces brillantes, hoteles majestuosos …