A Mostra de teatro Amador das Pontes celebra a súa cuarta edición

O Auditorio Municipal Cine Alovi acollerá, a partir do sábado, 15 de marzo, a IV Mostra de Teatro Amador; unha iniciativa posta en marcha polo departamento de Cultura do Concello das Pontes coa colaboración das compañías locais Quemaisten Teatro e O Catre Teatro.

Archivo- As Pontes Cine Alovi

Trátase, en palabras da concelleira de Cultura, Lorena Tenreiro, «dunha proposta cultural que ten como obxectivo esencial apoiar ás pequenas compañías de teatro afeccionado, axudar ao sector amador e promover o teatro de base, permitindo ao público asistente gozar e sorprenderse con talento destas compañías e dos seus actores e actrices«. A responsable da área recorda tamén que con esta iniciativa dáselle continuidade ao traballo levado a cabo por Quemaisten Teatro, promotora da mostra, fomentando a expresión artística.

A mostra de teatro amador do Concello das Pontes desenvolverase no Auditorio Municipal Cine Alovi, a partir do sábado 15 de marzo, durante catro fines de semanas consecutivas, ás 20:00 horas. A primeira cita será coa compañía Damecuerdateatro de Pontedeume e a súa obra A besta da illa; un drama para maiores de 12 anos no que un grupo de oito nenos acaba nunha illa deserta

Archivo- As Pontes Cine Alovi

O sábado 22 de marzo chegará a As Pontes, a obra O xuízo, de Alentía Teatro; un espectáculo que visibiliza a gran contribución que as mulleres fixeron ao longo de séculos á cultura galega propiciando a súa transmisión de xeración en xeración.

A mostra continuará o sábado día 29 de marzo co grupo de Castropol Cioyo Teatro e a súa obra Agua de Celos e rematará o 5 de abril coa obra O galego, a mulata e o negro da Asociación Cultural Cardume, unha obra que poderíaser unha reconstrución do noso pasado galaico-caribeño representado en cinco actos nos que diversos galegos, mulatas e negros dan vida a quince personaxes que se desenvolven e transforman segundo van transcorrendo os cambios políticos e sociais en Cuba desde 1886 ata 1990.

As invitacións poderán retirarse na páxina www.aspontes.sacatuentrada.es unha hora antes de cada función na billeteira do Auditorio Municipal Cine Alovi.

Lea también

Alumnas del Campus Industrial de Ferrol presentan cuatro trajes de época elaborados con tejidos textiles inteligentes y materiales reciclados

Un seminario profesional impartido por la responsable de vestuario de la serie “Rapa”, la santiaguesa …