Axenda en Narón da fin de semana

Venres 7 de marzo de 2025

Actividade: Una madre de película Hora: 20:30 Lugar: Pazo da Cultura

O X Festival Internacional do monólogo teatral Singular da comezo con este monólogo da compañía Pentación, protagonizado pola actriz Toni Acosta. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Sábado 8 de marzo de 2025

Actividade: V Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage Hora: De 10:00 a 14:00 e dende as 16:00 ata as 21:00 horas Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)

O Concello e a Asociación Ferro Vello organizan este evento, que reunirá unha trintena de anticuarios que porán á venda unha gran variedade de artículos. A entrada é de balde.

Actividade: Contacontos infantil “O mundo ao revés” Hora: 11:00 Lugar: Biblioteca municipal

Os nenos participarán nesta actividade, un contacontos infantil para menores a partir de 4 anos. A proposta enmárcase no programa de actos do Concello para conmemorar o 8M.

Actividade: Homenaxe institucional á Muller do Ano de Narón 2025 Hora: 12:00 Lugar: Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia

A Muller do Ano de Narón 2025 recibirá unha homenaxe institucional, como cada ano con motivo do Día Internacional da Muller. O nome da homenaxeada coñecerase no mesmo acto, con acceso limitado ás persoas convidadas debido ao aforo.

Actividade: O Deus do pop Hora: 20:00 Lugar: Pazo da Cultura

A compañía de Diego Anido trae a Narón este espectáculo de Teatro contemporáneo, enmarcado no Festival Singular e protagonizado por el mesmo. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Domingo 9 de marzo de 2025

Actividade: V Feira de antigüidades, coleccionismo e vintage Hora: De 10:00 a 14:00 e dende as 16:00 ata as 21:00 horas Lugar: Pavillón da Mocidade (A Gándara)

O Concello e a Asociación Ferro Vello organizan este evento, que reunirá unha trintena de anticuarios que porán á venda unha gran variedade de artículos. A entrada é de balde.

Actividade: IV Carreira e Andaina pola igualdade Hora: Saídas a partir das 10:00 e das 11:00 horas Lugar: Inmediacións do Pavillón da A Gándara

O Concello programou unha nova edición deste evento, enmarcado nos actos conmemorativos do 8M, Día Internacional da Muller.

Actividade: As verbas de Luísa Hora: 18:00 Lugar: Pazo da Cultura (Café Teatro)

Manuela Varela subirase ao escenario do Café Teatro do Pazo para representar esta obra dirixida a público familiar e infantil e enmarcada tamén no Festival Singular. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

Lea también

Inscrición aberta en Narón nun curso de peixería

A concelleira de Formación de Narón, Natalia Hermida, anunciou que este martes 11 abrirase o …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *