Narón acolle a presentación do libro “Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal”,

O Pazo da Cultura de Narón acolle este xoves 6 pola tarde, ás 19:00 horas, a presentación do libro “Memorial e monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal”, do escritor Antonio Blanco Carballo.

A alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, participará na convocatoria, na que tamén estarán presentes Anxo Currás, que revisou os textos da publicación, e Xabier Dongil, que realizou xestións para contribuir a que vise a luz. O libro é unha homenaxe ás vítimas do franquismo, concretamente ás máis de 900 persoas vítimas do réxime nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, e ás súas familias.

Entrevistas, fotografías e unha coidada documentación forman parte desta publicación, que fusiona os testemuños co relato. A entrada é libre, ata completar a capacidade do Café Teatro do Pazo da Cultura.

Lea también

El gimnasio Benygym de Narón brilla en el Open Nacional ISKA de Bilbao de Kickboxing

El gimnasio Benygym de Narón volvió a demostrar el excelente nivel de sus competidores tras …