Cedeira se prepara para disfrutalo Entroido

Cedeira vai vivir este sábado 1 unha tarde de troula grazas ao desfile de disfraces que abre o programa de Entroido organizado un ano máis polo Concello. Participarán no percorrido nove grupos (de tres a nove persoas) e seis comparsas (de dez en adiante), así como catro parellas, dúas persoas na categoría individual e Apader na sección de asociacións. Ademais, a maior parte dos colectivos irán con carrozas, un elemento que ten o seu propio premio.

Fuente Concello Cedeira

O desfile organizarase na zona da estación de autobuses e partirá dalí ás seis da tarde. Irá pola avenida Castelao, dará a volta ás dúas pontes sobre o Condomiñas e rematará na praza Roxa, na que os grupos e comparsas poderán repetir as cancións e bailes que leven preparados e que, segundo recomendación expresa nas bases, deberán tamén ofrecer en varios puntos do percorrido. O bo humor será o ingrediente principal deste desfile, a teor do que sucede cada ano, e o xurado valorará tamén o vestiario, a maquillaxe, o traballo feito a man, o emprego de materiais de refugallo, a orixinalidade, a coreografía, a letra e a música, a simpatía e o número de participantes.

Contra as 23.30h darase a coñecer o fallo do xurado, na mesma praza Roxa, e o reparto dos 5.200€ en premios que estableceu o Concello. Alí mesmo comezará a continuación unha verbena amenizada polo grupo Ritmo.

O programa de Entroido de Cedeira continuará o domingo, 2 de marzo, con xogos e obradoiros a partir das 17.00h na praza Roxa. O mesmo espazo volverá acoller unha verbena o luns, día 3, a partir das 23.30h e coa orquestra Origen. Para o martes, 4 de marzo, o Concello programou unha tarde de inchables e obradoiros no Polideportivo e o 5, a partir das 18.00h, será o enterro da Sardiña, outra tradición que cada ano conta con unha destacada participación.

Lea también

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca el concurso de diseño del cartel de 2026

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia la apertura del concurso de carteles …