Narón acolle os campionatos galegos de tenis de mesa

Desprazaranse a Narón algúns dos mellores xogadores do panorama nacional e internacional que militan actualmente en clubs galegos.

O edil de Deportes de Narón, Ibán Santalla, e o presidente do Club Tenis de Mesa Cidade de Narón, Fernando Montero, presentaron este xoves 27 o XI Campionato Galego prebenxamín, XXXII alevín e XXXVIII xuvenil individual e dobres que se disputarán esta fin de semana, o sábado 1 e o domingo 2, no pavillón Campo da Serra.

Nestes campionatos galegos participarán preto dun cento de xogadores procedentes de diferentes clubs galegos. Entre eses asistentes están os dezaseis mellores xogadores e xogadoras de cada categoría e unha ampla representación de deportistas locais, como Candela Montero, recentemente campiona do torneo estatal; as tamén recentes subcampionas de España de dobres, Bella Martín e Valeria Piñón; o campión do preestatal, Martín García e tamén algunhas das promesas da canteira de Narón, como Hao Li, Pedro e Anxo López.

Así mesmo, desprazaranse a Narón algúns dos mellores xogadores do panorama nacional e internacional que militan actualmente en clubs galegos. “Este ano a galega adoptou un novo sistema de competición, no que durante o sábado xogarán só as probas individuais, sendo o domingo as probas de dobles e dobles mixtos”, apuntou Montero.

O campionato comezará ás 10:00 horas, cando se xogarán as rondas clasificatorias, deixando para o sábado a partir das 16:00 as finais. Está previsto xogar as finais a partir das 17:30 horas tanto o sábado como o domingo.

CAMPIONATO ASFEDRO (sábado a partir das 18:00 horas).

Montero avanzou que a través dun acordo de colaboración entre o Club Tenis de Mesa Cidade de Narón e a Asociación Ferrolana de Drogodependencias “organizaremos un torneo para os seus membros ao que asistirán oito usuarios do Centro Terapéutico do Confurco”.

Santalla felicitou ao club local polo seu traballo e tamén aos deportistas que o integran e que posicionaron hai varios anos á cidade na elite do tenis de mesa. O concelleiro de Deportes animou á cidadanía a acudir a estes campionatos para animar aos participantes, desexando novos éxitos para o club local.

Lea también

Club Arco Narón obtiene buenos resultados en la segunda edición del Torneo ‘Escolas Indoor’

En jornada matinal de este pasado domingo se celebró en el pavillón da Mocidade de …