As Pontes presenta o programa de actividades para conmemorar o 8M

O Concello das Pontes presentou este xoves o programa completo de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller que se van celebrar durante este vindeiro mes de marzo.

As actividades comezan a próxima semana coa apertura da exposición fotográfica «Livin ́laVidaMadre” que se poderá visitar ata o 31 de marzo no Centro de Interpretación “A Mina”. Trátase dunha exposición fotográfica creada por Mil Ollos Producen e pertencente á Recicladora Cultural que nace do libro homónimo e da necesidade de falar sobre a experiencia da maternidade e como encaixa na vida de mulleres reais.

«Livin ́laVidaMadre” mostra como viven a maternidade as mulleres reais, imperfectas, traballadoras, esgotadas e, ás veces, esgotadoras, loitadoras, inconformistas e tolas por lograr unha vida na que todos os membros da familia, sexa como sexa, aprendan a entenderse e gozar da tola aventura que supón, desde esa raia de máis no test de embarazo, a chegada dun bebé a casa.

O vindeiro mércores 5 de marzo, durante a celebración do pleno ordinario, procederase á lectura da declaración institucional e o xoves, 6 de marzo, ás 17:00h, na Casa Dopeso inaugurase a inauguración da exposición «Unha vida nunha mirada» do taller «A mirada feminina a través da arte».

Un obradoiro posto en marcha polo departamento de Benestar Social do Concello das Pontes, dirixido a mulleres maiores de 55 anos e que tiña como obxectivo, a través dunha aproximación ao papel da muller no mundo da arte, promover o empoderamento das participantes mediante o desenvolvemento da súa autonomía emocional, persoal e psicolóxica, creando un espazo de reflexión para axudar ás mulleres participantes a identificar cales son as súas necesidades, onde están e cara a onde queren dirixir a súa vida, tomando conciencia da importancia do autocoidado e do benestar persoal para o seu desenvolvemento e o crecemento individual.

Entre as actividades programadas destacan as destinadas ao alumnado dos centros educativos do Concello das Pontes. Así, o 12 de marzo, ás 12:00h. no salón de actos da Casa Dopeso os alumnos e alumnas de 1o e 2o de Educación Primaria asistirán á obra “Elas pintan moito” a cargo da compañía “Migallas Teatro”, unha sesión de contos e música en directo baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron.

Xa o 14 de marzo, ás 12:00h no Auditorio Municipal Cine Alovi, o alumnado de 3o a 6o de Educación Primaria poderán gozar do espectáculo “Igualdade, onde estás” da Maga Fani, cun espectáculo cheo de maxia e moito humor, para tentar expor non só as desigualdades cotiás e históricas, senón tamén a importancia de erradicalas traballando non ámbitos da educación e a cultura.

Os actos programados polo Concello das Pontes para a conmemoración do Día Internacional da Muller rematan cunha charla-coloquio con mulleres profesionais da música de distintas xeracións e enfoques artísticos que leva por título “En clave de muller”, que se celebrará o vindeiro 15 de marzo ás 12:00h no salón de actos da Casa Dopeso.

Lea también

Valdoviño contrata un auxiliar de biblioteca con el apoyo económico de la Diputación

Este miércoles 16 se abre el plazo de presentación de solicitudes para concurrir al mismo. …